![]() |
Austin Kleon (Ohio, 1983) |
Biografía
Austin Kleon é escritor e artista. É autor da colección de poesía Newspaper Blackout. O seu traballo presentouse na edición matutina da National Public Radio, en NewsHour da PBS, The Wall Street Journal e varias páxinas web como 20x200.com. Vive en Austin, Texas e o resto da súa vida pásao en www.austinkleon.com
Por Juli Molares Cardoso.
Profesora axudante doutora do Departamento de Comunicación audiovisual e publicidade da Universidade de Vigo.
Directora da Área de imaxe da Universidade de Vigo.
Comunicadora, deseñadora e personal Brander.
O verbo roubar e o termo creativo dentro do un mesmo título poden xerar certa confusión. Máis confusión da que xa de seu xera a expresión “ser creativo”, moitas veces asociada unicamente con artistas ou publicistas atormentados, ególatras que durante moito tempo xactáronse de posuír unha habilidade case divina que só uns poucos podían ter. A síndrome do impostor sobrevoaba as mentes daqueles que tentaban pensar fora do espazo acoutado ou do previsible e esperado para eles.
Sexas quen sexas e fagas o que fagas deberías
ser creativo. Este libro ofrece un camiño fácil de seguir sen medos nin
inseguridades. Para ser máis creativo necesitas traballar de forma constante e
a lume lento os seguintes ingredientes.
![]() |
Selección de palabras preferidas, 1984. Colección Nick Cave, the Arts Centre, Melbourne |
O primeiro recóllese no propio título, convídache a roubar como un artista, ofréceche unha visión tranquilizadora sobre que nada é completamente orixinal, as ideas son o resultado dunha mestura dunha ou máis dunha. Hai que estar atento a aquilo que nos rodea e anotar os pensamentos ou observacións dignos de roubar e conservar, é necesario construír os teus propio arquivos de roubos. Recompilación que che permitirá recuperalos cando necesites buscar inspiración.
Por
iso, é máis que aconsellable ler todo o tempo, visitar bibliotecas, non se
trata tanto do libro co que empezas senón o libro ao que chegas. Hai que ser
curioso, hai que buscar referentes, ir cada vez máis lonxe e deixar entrar
novas ideas e pensamentos nas nosas vida. Es o resultado daquilo que deixas
entrar na túa vida e canto mellores sexan as cousas das que che rodeas, canto
mellores sexan as ideas, o ámbito de influencia será maior.
O
segundo ingrediente fai referencia á espera do momento adecuado. Non, non hai que esperar a saber quen es
para poñer as cousas en marcha. Crear e facer cousas axúdache a atoparche, por
iso debes copiar, aprendes copiando. Aprendes a escribir copiando o abecedario,
aprendes a tocar practicando cancións xa escritas... Ninguén nace con voz ou
estilo propio, hai que traballalo.
O seguinte punto telo integrado no teu corpo,
son as túas mans, úsaas!. A falta de
conexión directa entre o teu cerebro e as túas mans está a matar o teu
traballo. O computador é moi útil para editar ou preparar as ideas antes de
publicalas pero non serve para xeralas. É necesario sentir que fas algo co teu
corpo, non só coa túa cabeza e moitas veces empezas a editar ideas antes de
xeralas e iso é un erro. Por iso se é posible, é moi sano ter dous espazos de
traballo separados, un analóxico e outro dixital, un espazo para a creación e
outro para a edición.
Ademais debes poñer en práctica a procrastinación produtiva, os proxectos e os hobbies persoais son importantes. E se che gustan varias cousas, queda con todo, deixa que interactúen e flúan para que xurdan cousas novas, non te preocupes en absoluto por non atopar unha visión completa e unificada. Aí reside a maxia, nesas cousas que fas para pasar o intre e que che gustan e gozas. É necesario sentar, recrearse, perderse e chegar a sitios onde nunca chegarías se estás ocupado. O estar ocupado todo o día potencia a estupidez humana.
![]() |
Imaxe urbana en Porto. |
Debes ser amable, é moito máis intelixente
facer amigos que buscar inimigos. E os amigos fanse dicindo cousas boas deles,
sendo amable. Non te enfades, canaliza esa enerxía negativa e produce, ponte a
traballar, sácalle rendemento. Xúntate con xente boa, persoas con talento ás
que admires, lembra que es tan bo como a xente que che rodea. Se curioso,
enérxico, disposto e amable. Casa ben, non só coa túa parella senón tamén cos
teus amigos e a xente que che acompaña nos negocios.
Afástate
da idea do xenio creativo consumidor de substancias, cóidate!. Desenvolver e potenciar a túa creatividade
necesita moita enerxía, aliméntache e descansa correctamente. Coida tamén o teu
peto, aprende canto antes todo o que necesites saber sobre o diñeiro para tentar
afastarche do estrés financeiro. Móvete, a inercia mata a creatividade, non te
deteñas e planifica. Crea un calendario con metas específicas e anota eses
detalles do día a día que che axudarán a lembrar cousas importantes.
Por
último non te esquezas que ser creativo
é aprender a restar, é aprender a seleccionar as opcións importantes. Nada
limita máis o teu pensamento creativo que as posibilidades infinitas e
ilimitadas, iso supón unha invitación ao bloqueo creativo.
E
agora que? Agora sal aí fora e empeza a roubar!. Palabra de creativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario