![]() |
William Deresiewicz |
Biografía
Ensaísta e crítico galardoado, orador frecuente en universidades, escolas secundarias e outros lugares, e autor do éxito de vendas O rabaño excelente. Como superar as carencias da educación universitaria de elite.
Deresiewicz publicou máis de douscentos ensaios e recensións. Gañou o Premio Hiett en Humanidades, a Mención Balakian á Excelencia na Crítica e un Premio Sydney; tamén foi nomeado en tres ocasiones ao Premio Nacional de Revistas. O seu traballo, que apareceu en The New York Times, The Atlantic, Harper’s Magazine, The American Scholar e moitas outras publicacións, foi traducido a máis de quince idiomas e incluído en máis de trinta manuais universitarios e escolares. Ensinou Inglés en Yale e Columbia antes de dedicarse á escritura a tempo completo en 2008. Deu conferencias en máis de cento trinta institucións educativas e ocupou postos de visitante nas universidades de Bard, Scripps e Claremont McKenna, así como na Universidade de San Diego.
Deresiewicz é membro da Xunta Directiva de Tivnu: Building Justice, un espazo de xustiza social xudía en Portland (Oregón) e do Consello Asesor de Project Wayfinder, que dirixe programas de orientación en escolas de todo Estados Unidos e máis aló.
Tomado de: Capitan Swing
Por Jorge Perianes
Galería Max Estrella (Madrid) https://maxestrella.com/es/artist/jorge-perianes/
Galería Fernando Santos (Porto) https://galeriafernandosantos.com/artist/jorge-perianes/
AFundación https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/perianes_jorge
Estamos ante un libro que moitos dos meus compañeiros/as de profesión non queren ler, o motivo?, describe moi pormenorizadamente a realidade (artística), e a realidade é aquilo ao que moitos prefiren non enfrontarse (quizais hoxe máis que nunca).
Dividido en seis partes concretas o libro analiza de forma metódica e concienzuda o panorama artístico actual nas diferentes ramas que existen: música, escritura, arte visual, cinema e televisión. Os artistas entrevistados responden de forma directa e comprometida ás duras preguntas expostas, algúns contestan baixo pseudónimo o cal nos demostra o grao de autenticidade das mesmas. Un exemplo: pódese mentir sen máis, xa que os artistas non falan de diñeiro, pero isto é quizais porque non lles convén; pais, cónxuxes, privilexios financeiros, etc., son o verdadeiro sostén de infinidade de artistas (algúns insospeitados, de primeira linea). Achámonos ante un mundo no que se manexa diñeiro pero está oculto.
No Renacemento, cando os artistas eran considerados artesáns, as obras taxábanse nos encargos e especificábase todo: tamaño, tema, pigmentos empregados, tempos de entrega e enmarcados. Coa modernidade, coa arte en maiúsculas, arte e comercio exclúense, pasando a herdar o papel da a fé e a relixión (s. XVIII e XIX, Ilustración); vaise asociando paulativamente á espiritualidade, a transcendencia, a pureza e a orientación, e a Deus e ao diñeiro non se lle poden servir ao mesmo tempo.
Enterro do Conde de Orgaz. Doménikos Theotokópoulos |
![]() |
Contrato dos traballos do retablo da capela maior. El Greco. Hospital de Nuestra Señora de la Caridad. - Foto: A. Hco. Provincial |
A parte I, II e IV interesáronme excesivamente xa que analizan o panorama xeral en todos os seus aspectos (espazos, alugueiros, estudos, contexto, medios, diñeiro, etc.) e en que se está convertendo a arte hoxe en día, o que o autor chama “a cuarto paradigma”. Desenvolve, ata chegar ata el, unha rápida análise histórica dos tres sistemas de apoio económico que se estableceron na arte en todas as súas anteriores etapas temporais.
![]() |
Matrimonio Arnolfini. Van Eyck. 1434. |
O primeiro paradigma correspondería ao do artista como artesán, propio dos inicios e asociado sempre ao poder relixioso e da corte (traballando para eles); o segundo paradigma é o que vai aparecendo no século XVIII cando o artista vaise convertendo aos poucos nun “bohemio” ou xenio, heroe, rebelde, profeta, pobre e famento, que traballa en solitario no seu estudo e que aínda desde na súa aparente negación xestual do mercado vive especificamente del a través da demanda da incipiente e poderosa burguesía (esta concepción do artista perdura curiosamente nos nosos días mesmo entre parte do profesorado universitario).
![]() |
Sátiras del suicidio romántico. Leonardo Alenza y Nieto.1839. |
![]() |
Emmy Hennings. A raíña Dadá. |
![]() |
Interior do Cabaret de l'Enfern.París. Wikipedia |
![]() |
A persistencia da memoria. Dalí, 1931. |
![]() |
Balloon Dog (Magenta) 1994. Jeff Koon. |
Asistimos desta forma a un declive dos expertos (críticos especializados) e ao auxe das alternativas populistas (moi conservadoras) que, como os rabaños, tenden a camiñar en círculos. A arte despunta como unha actividade creativa empresarial onde o artista pasa a ser un “emprendedor creativo” que emprega un idioma comercial propio do milenio (lembremos o influente libro de Richard Florida, “A clase creativa: A transformación da cultura do traballo e o lecer no século XXI”).
A arte alíñase así ao deseño e ao entretemento, e son creativas agora as ciencias, a enxeñería, a informática, as matemáticas, a educación e as artes. A creatividade é pois necesaria para triunfar nun mundo empresarial que ten como modelo a seguir a Steve Jobs (o executivo artista).
O artista Silvio Lorusso a acuñado un curioso termo para definir a situación: “emprecariado” (suma de emprendedor máis precariado); e por iso moitos autores prefiren pasar a autodenominarse “traballadores”, pero observamos que esta é unha definición que queda curta xa que tamén son capitalistas.
Para alixeirar a carga foméntase en numerosas ocasións unha arte como traballo social, comprometido e útil, que apoie dalgunha forma concreta á comunidade (os exemplos neste sentido chegan a ser mesmo disparatados, por incoherentes e confusos, aínda que non deixen de ter un rumbo altruísta). Terminouse coa figura do artista xenio e solitario creando no seu taller angosto, agora trasládase fóra do mesmo para prestar un servizo á sociedade e á colectividade; convértese nun “producer” (produtor) en tanto que útil (un vocábulo de mercado).
![]() |
Blanca Muñoz. Artista. Académica Belas Artes San Fernándo. |
![]() |
Elvira Dyangani Ose. Directora MACBA. Barcelona |
![]() |
Proxecto NFT Bored Ape |
Outros detalles importantes: as webs, blogues, etc., Internet (a final de contas) prometeu a desintermediación, o acceso directo a clientes, pero en realidade converteuse nunha “reintermediación” onde o traballo do artista está peor pago e demándase sempre un máis e máis rápido (engadindo unha carita feliz no proceso). É o gran “trust”, pero debemos ter en conta que a gran riqueza non pertence a elas, ás tecnolóxicas, senón ás empresas de capital de risco, os grandes voitres. Spotify, Uber, Amazon, etc., puideron perder miles e funcionar a perdas durante anos grazas a elas , e desta forma desmantelar toda competencia e asegurar monopolios. As tecnolóxicas explotan e empobrecen aos produtores individuais, o contido gratuíto é incriblemente lucrativo, “desmonetizouse o contido, pero só no punto de venda. Para os que contan clics é unha mina de ouro”.
![]() |
Lucy Bellwood. Debuxante de aventuras profesional. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario