(EEUU. Deas Moines, Iowa. 1951).
En casa: una breve historia de la vida privada.
RBA, 2011.
Biografía.
Bryson mantén unha
relación constante con Europa, especialmente coa Gran Bretaña. Primeiro como
viaxeiro e logo nunha multitude de ocupacións e responsabilidades varias como
nun hospital psiquiátrico onde coñeceu á súa esposa Cynthia, naquel momento
enfermeira na institución.
Iniciou a carreira de Xornalismo na Universidade de Drake, pero interrompeuna para viaxar por Europa. En 1975 volve
aos EEUU para completar os estudos de grao que abandonara en 1972. Rematados en
1977 regresa ao Reino Unido, instalándose en North Yorkshire, onde permanece
ata 1995.
Aínda que tamén se dedicou
ao ensino (chegou a ser reitor da Universidade de Durham), exerceu de redactor
xefe da sección de negocios en The Times e mais tarde subdirector de noticias
nacionais en The Independent), chegando a obter o cargo de comisario para a defensa
do patrimonio inglés.
De novo viaxa aos EEUU xa
liberado do traballo asalariado e dedicándose en exclusiva á escritura. En 2003
cruza outra vez o Atlántico e establécese no Reino Unido, ata o momento.
Ademais de O
corpo humano (2020) é autor de, entre outros libros superventas, Unha breve historia de case todo (2003
/ 2014)) (Premio Aventis de libros de
ciencia e finalista do Premio Samuel Johnson); Una muy breve historia de casi todo (2008); Un paseo polo bosque(2014); En
casa: unha breve historia da vida privada (2011); Nas antípodas(2006); Aventuras
e desventuras do Mozo Centella(2011); 1927:
un verán que cambiou o mundo (2015); Menuda
américa (2000/1994) e Shakespeare
(2009).
Por Esteban López Figueroa.
Profesor no Programa Universitario de Maiores. Universidade de Vigo. Historia da ciencia, a tecnoloxía e a cultura II, desde o s. XV ata o presente.
Atopámonos ante unha obra que é sen lugar a dúbida un raro e delicioso espécime. Como todos os do seu autor de entrada é de clasificación dubidosa: historia, divulgación da ciencia, antropoloxía, socioloxía ou historia da ciencia…?. Un pouco de todo, un conxunto de textos transversais que repiten o enfoque da súa anterior obra: Unha breve historia de case todo, un éxito irresistible pola súa sinxeleza e accesibilidade para calquera tipo de lectores.
Bryson produciu unha
numerosa obra que reflicte na súa eclecticismo de temas a súa propia biografía:
unha nacionalidade difusa, unha formación académica leve, dedicacións
profesionais dispares, unha saúde precaria en ocasións, un viaxeiro
empedernido, etc.
Desta
brevísima recensión biográfica (á que se poderían engadir outros moitos outros
curiosos datos, como por exemplo a súa participación nun maratón de
celebridades en Sicilia (2006) tras pasar un ano gravemente enfermo e con
secuelas importante) despréndese que estamos ante un personaxe hiperactivo,
característica que se reflicte na súa produción literaria, variada e
inclasificable en gran medida.
As
súas obras tratan de viaxes, socioloxía, lingüística, ciencia, historia da
ciencia e outro temáticas pero ningunha delas pódese adscribir dunha maneira
clara no sentido ao uso a temática específica algunha. En todas elas manexa a
linguaxe con mestría, sempre buscando a simplificación móstrase cómico, ás
veces sarcástico e sempre ameno como unha boa novela de suspense.
En 2003 publicou “Unha
breve historia de case todo” de enorme éxito.
“En casa: Una breve
historia de la vida privada” publícase en 2010 tivo un impacto menor a
pesar de que é un texto mais elaborado e que o seu fío condutor fai máis
coherente o conxunto.
De entre o resto das súas obras cabe destacar:
Nomadland.2020. |
- The lost continent, (1989). O seu primeiro libro. Sobre os EEUU das pequenas cidades. Nel reflicte a súa decepción ao atopar un país moi afastado da imaxinación que forxou na súa mocidade xa que a longo de todo unha ano de viaxe por case todo o territorio atopouse con pobreza e miseria moi afastados de “o gran soño americano”.
Un asunto moi similar, vinte e un anos antes, ao
tratado na oscarizada en 2020 Nomadland de Chloé Zhao.
Notes from a Small Island (2003). |
- Notes
from a Small Island, (2003). Foi votado
polos lectores como o mellor resumo da identidade e o estado da nación
británica e seguramente pesou moito na súa elección como comisario para a
protección defensa do patrimonio inglés (English Heritage).
- A walk in the woods, (2015) un relato autobiográfico sobre a gran camiñada polos montes Apalaches, case 3.000 km, que realiza xunto ao seu amigo Stephen Katz (co que xa viaxara por Europa na mocidade) e que foi levado ao cinema, Un paseo polo bosque, cunha repartición estelar: Robert Redford no papel de Bill Bryson, Emma Thomson no da súa esposa Catherine e Nick Nolte no do seu vello e cascarrabias amigo Stephen Katz.A crítica non foi moi favorable pero a talla dos actores a redime. Tamén o feito de ver representado o carácter de Bill despois de facerse adicto aos seus libros.
Bryson recibiu numerosas críticas
fundamentalmente da camarilla institucional, especialmente sobre as de asunto
lingüístico. Con todo sendo certo que as súas obras non nacen do procedemento
sistemático de produción universitaria ao uso tamén o é que os seus textos son
absolutamente rigorosos, tanto que un importante científico describiu humorísticamente
os seus textos como “molestamente libres de erros” .
Na miña opinión débese
sinalar que a crítica académica esta alentada en numerosas ocasións pola envexa
e pola defensa sen concesións do grupo de sabios establecidos. Os exemplos de
escarnio e ninguneo sobre os non integrados no sistema son numerosos.
Dous exemplos:
- John Harrison (1726-1776). Creador do cronometro mariño que resolveu o problema fundamental da navegación precisa: a determinación da lonxitude xeográfica. Poden coñecerse as súas vicisitudes para ser recoñecido e premiado en: Lonxitude. D Sovel (1995).
Outros casos similares son os de:
- Benoît Mandelbrot
precursor da Xeometría Fractal.
- Jose Antonio Mariña
no ámbito da Filosofía.
Aínda que xa integrado
no sistema universitario (chegou a ser chanceler da universidade de Durham -
segue ligado a ela - e foi galardoado con títulos honoríficos por numerosas
universidades) segue recibindo acidas críticas como que “… é un mero
divulgador”.
O autoritarismo científico (2010). |
Pero a divulgación científica merece ser recoñecida como un pata mais do desenvolvemento científico e absolutamente necesaria, tal como defende Javier Peteiro Cartelle:
Cadeiras Chippendale |
Trátase dunha historia do cotián que analiza cuestións tidas por menores ata o momento: o cotián, o íntimo, os afectos, a sexualidade, os avances materiais que simplifican e fan mais pracenteira a vida.
Unha planta da reitoría de Norfolk. Según os planos orixinais de Edward Tull |
Na obra Bryson utiliza o fío condutor das diferentes estancias dunha casa parroquial do século XIX en Inglaterra (precisamente a súa casa) pero podería ser en gran medida unha casa similar en calquera outro lugar, fundamentalmente pola capacidade do autor para fixar arquetipos e de atravesar as diferentes épocas con soltura. No índice pódese seguir por exemplo: …3. O hall; 4. A cociña; 5. Lavadoiro e despensa; 6. A caixa de fusibles; 7. O comedor;… 15. O dormitorio; 16. O baño; 17. O faiado.
Tomemos como exemplo o epígrafe A caixa de fusibles.
Neste capítulo evidentemente non se trata dunha estancia en se mesma e ademais non hai fusibles ata a chegada da corrente eléctrica a finais do século XIX pero Bryson aproveita para facernos viaxar no tempo e descubrir a importancia, uso e custos de producir luz, de iluminar a escuridade. O relato comeza polo feito catastrófico consecuencia da segunda guerra mundial na que estaba totalmente prohibida calquera iluminación para evitar proporcionar referencia aos bombardeiros nazis (chegou a multarse ter acendida a luz dun acuario, aínda con todas a contras e cortinas pechadas). Como consecuencia o número de feridos e mortos en accidentes de circulación, e tamén de meros paseantes, foi moi elevado. Certamente este foi un período excepcional.
A continuación coñeceremos
con resolveuse o problema desde a antigüidade co uso de candeas, lámpadas de
aceite, teas etc. En definitiva tratando de queimar lentamente algún tipo de
graxa ou aceite cuxa chama proporcione un nivel minimamente eficaz de
iluminación.
A historia realmente é a do desenvolvemento da eficiencia,
primeiro queimando algo e recentemente mediante a tecnoloxía emerxente no século
XIX da electricidade e as lámpadas de diferentes tipos. Se comparamos soamente
a potencia veremos que unha boa candea podía proporcionar 1 w de potencia e
unha lámpada media, de hai 10 anos, 100 w. Ambos os artefactos para iluminar
unha habitación típica. Se nos fixamos na medida da iluminación constataremos
que a eficiencia multiplicouse por 10 aproximadamente co advenimiento da
tecnoloxía LED: cunha lámpada led que consuma 10 W iluminamos aproximadamente
co mesmo nivel que cunha incandescente de 100 w.
Tamén coñeceremos que durante estes tempos os costumes nas horas de escuridade curiosamente non eran moi distintas, polo menos nas cidades, ás presentes: as horas de traballo e de asueto estendíanse moi parecidamente ás de hoxe en día. Ceas ás nove e sobremesas ata as once da noite. E as fins de semana, e entre semana tamén, os mais adiñeirados celebraban festas que se alongaban ata as catro da madrugada (hora na que se adoitaba servir un resopón) ou mesmo ata o amencer. Seráns nos que ao custo de viandas e bebidas había que engadir o non pequeno da iluminación utilizando numerosas candeas ou candís. Os horarios de traballo dos diferentes oficios urbanos prolongábanse así mesmo durante as horas de escuridade.
Lendo á luz dunha candea. |
Saberemos tamén que as mellores candeas fabricábanse con cera de abella, proporcionaban unha luz cálida e intensa en comparación coas demais e o cheiro era moi levadío senón agradable. Pero as clases menos favorecidas tiñan que fabricalas con graxas animais derretidas, proporcionaban pouca luz, bastantes fumes e en xeral desprendía un cheiro nauseabundo que aumentaba segundo envellecían. Aínda por riba nas comúns épocas de crises (case como agora) a pobreza era dobre xa que á fame sumábase a falta de luz. Aínda por riba os fabricantes atentos a maximizar o beneficio do seu capital conseguiron que o parlamento do Reino Unido prohibise a fabricación caseira de candeas. Algo exactamente igual ao que os produtores de electricidade conseguiron en España en 2012: prohibir, ou penar, a produción de enerxía por medios alternativos para uso particular. Normativa que afortunadamente foi derrogada de igual maneira que o foi a de prohibición de fabricar candeas caseiras. Pero os modos con que se manexa o capital vemos que segue sendo os mesmos mais de trescentos anos despois…
O relato continúa repasando os diferentes produtos utilizados para queimar na produción de luz e calor sendo un deles e durante algunhas décadas o chamado espermaceti das baleas, especialmente o que acumulan na súa cabeza de forma moi abundante os cachalotes. Isto case acaba coa especie.
Menos mal que a un innovador e emprendedor industrial ocorréuselle reutilizar os restos da combustión do carbón moi abundantes debido ao crecemento continuo das máquinas de vapor para todo tipo de usos. Mediante unha destilación apropiada produciu un combustible suficientemente eficaz para ser carburado na produción de luz. E a un prezo moi por baixo do de espermaceti de balea. Certamente era moito mais barato pero producía tal cantidade de feluxe que Bryson cóntanos que unha participante nun sarao deixou relatado que acabaran coa cara totalmente tiznada e o traxe feito uns raposos… pero moi contenta…
Con todo este feliz
descubrimento, que recibiu o nome de keroseno, salvou ás
baleas da extinción, polo menos naquela época, aínda que as consecuencias do
uso de tal produto seguímolas padecendo hoxe en día xa que a produción de
queroseno podémola considerar precursora das hoxe chamadas industrias do
plástico.
Do éxito do keroseno- ou queroseno- xurdiu o interese por un produto natural ao que nunca se prestou atención, bastante pestilente e de difícil manexo e de pouca utilidade ata o momento, que manaba na superficie dalgúns lugares. Ata que un espabilado inspector de educación ocorréuselle que destilándoo podería obterse queroseno pero realmente a idea innovadora foi o tentar extraelo mediante bombas de achique similares aos pozos de auga. Buscou financiamento e dedicouse a perforar en terreos, non en balde denominados oil Creek, sen éxito algún ata que catro anos despois cando, xa crebada a empresa tiña que abandonar o intento, manou dun dos pozo un chorrito de produto e isto foi suficiente para que nos meses e anos sucesivos producísese unha burbulla económica que levou á quebra a numerosos investidores (como segue sendo habitual nas burbullas). O señor inspector tampouco obtivo beneficio algún. Con todo a sociedade obtivo como resultado da destilación unha fracción de queroseno de gran calidade e a un custo menor que o gas de carbón. A iluminación e a calefacción dos fogares fíxose moito mais alcanzable ás economías familiares. Unha consecuencia derivada de poder contar con mais horas de luz é que o hábito de lectura púidose desenvolver en todas as capas sociais e así a segunda metade do século XIX as editoriais de xornais e libros tiveron un florecemento sen parangón. Bryson apunta que no Reino Unido pasouse de cento cincuenta xornais e revistas a principios do século XIX a mais de cinco mil a finais.
O resto da historia xa nos é mais próxima coa adopción do gas cidade (nos seus inicios un derivado do carbón) o petróleo, pero sobre todo da electricidade tras a denominada “guerra de correntes” entre o vilán Edison e o honesto Westinghouse, disputa que gañou o segundo coa inestimable axuda de Nicolás Tesla (axuda que antes rexeitara o primeiro). Pero esta é outra historia.
Perspectiva dunha escaleira por Thomas Malton. |
Peiteao extremo: A señorita Prattle consulta ao doutor Double Fee sobre o seu tocado Panteón |
No hay comentarios:
Publicar un comentario