martes, 20 de octubre de 2020

Programación proxecto reseñas 2020-2021.



A comunidade universitaria nútrese e precisa dunha gran variedade de produtos informativos para a adquisición de coñecemento, os labores docentes e de investigación.

Un ano máis, a Biblioteca de Torrecedeira continúa a publicitar e estimular o bo uso e manexo dos recursos, fontes de información e servicios que ofrece a Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo.

O proxecto reseñas segue este ano coa súa programación de reseñas 2020/21 presentando bimensualmente a crítica ou descripción de seis libros de interese para á Comunidade Universitaria e á ciudadanía dos que podan xurdir novas lecturas e documentos complementarios que fomenten a reflexión e a formación continua daquelas personas que nos acompañen.

 Dada a actual situación sanitaria, polo momento, non faremos instalacións e/ou seleccións expositivas de libros de xeito físico nas salas da nosa biblioteca como viñámos facendo. A visibilidade das reseñas será a traves dos canles ofertados pola Universidade nos paneis das Escolas e Facultades dos seus Campus así como no Diario da Universidade (DUVI) e a súa páxina web mediante os oportunos Avisos á Comunidade e/ou Información Cultural.

Cada “reseña” será acompañada dun cartel de presentación sinalando tanto o contido como as datas de inicio e finalización da actividade e un código QR onde mostraremos como atopar información de cada reseña.  A información será incluida nos paneis dixitais das Escolas e Facultades da Universidade.

Para, posibilitar a lectura das reseñas e a información relativa a cada unha delas aumentaremos a presencia nas redes sociais da propia Biblioteca de Torrecedeira coas publicacións precisas en Instagram, Twitter e no propio Blogue do proxecto onde quedarán arquivadas as antigas  e incorporadas as novas reseñas.

Na presente programación de reseñas 2020/2021 que agora vos presentamos abordamos temas como a Historia e Economía Mundial, os adelantos científicos, a Epixenética, os clásicos da literatura, a filosofía ou a pedagoxía.  Temos a ledicia de poder contar coas achegas desinteresadas de personas como o profesor de grego Oscar Soto Fernández, a bibliotecaria de Filoloxía e Tradución Ana María Bande Bande ,o alumno da Escola de Maiores Carlos Lloréns Fernández e mesmo do profesorado da Universidade de Vigo. Así, neste espacio de encontró ofrecemos a posibilidade de disfrutar coas observacións das preparacións histolóxicas ao microscopio “Pareidoilas” das profesoras Rosa Álvarez Otero, Mª Jesús Iglesias Briones, Encarnación de Miguel Villegas  do Departamento de Bioloxía funcional e ciencias da saúde, as análises da profesora Araceli González Crespán do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá, ou as apreciacións do profesor Andrés Sanjuan López do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía. Grupo IN1 Inmunoloxía, CINBIO.

A todas estas persoas queremos agradecer as súas achegas e o seu esforzo de colaboración.

Vigo, 20 de Outubro de 2020.

                           Aser Ángel Fernández Rey

                 Técnico Especialista Biblioteca Torrecedeira     


No hay comentarios:

Publicar un comentario