 |
Lawrence Osborne. 1958.
|
El turista
desnudo.
Gatapardo
ediciones, 2017.
AGOSTO - SETEMBRO de DOUS MIL VINTE
Biografía
Lawrence Osborne (1958) naceu en Inglaterra. Educado en
Fitzwilliam College, Cambridge, e Harvard, estudou Linguas Modernas e desde
entón levou unha vida nómada. Administrou unha granxa colectiva na Polonia
comunista, preto da fronteira rusa, percorreu e viviu en Francia, Italia,
Marrocos, Nova York, México, Istambul e finalmente Bangkok, cidade onde reside
na actualidade desde hai xa unha década.
Xornalista de viaxes do New York Times durante máis de vinte
anos, converteuse no columnista de viños da revista Vogue.
Como novelista é autor
da novela Ania Malina (1989); un
libro sobre París, Paris Dreambook; a colección de ensaios O abrazo envelenado ; un libro controvertido sobre o autismo
chamado American Normal: The Hidden World
of Asperger Syndrome (2002); e tres libros de viaxes posteriores publicados
entre 2004 e 2009: un libro sobre viño, The
Accidental Connoisseur ; O turista espido (2006) ; e Bangkok Days (2009). Os seus contos
apareceron en moitas revistas estadounidenses. A súa historia "Volcano foi seleccionada para a súa
inclusión en The Best American Short Stories 2012 . A súa novela The Forgiven foi publicada en 2012 con
gran éxito. No seu caderno de viaxe The Wet and the Dry (2013) , achégase á
relación entre Islam e o alcol para continuar a súa carreira con The Ballad of a Small Player (2014), Cazadores na escuridade (2015), Fermosos animais (2017) e Only to Sleep (2018), O reino do vidro (2020) e No camiño de Xava .
Comparado por algúns críticos con Grahan Greene e considerado
por outros como o herdeiro literario de Raymond Chandler, Obsborne é un
descubrimento tardío.
Por Aser Ángel
Fernández Rey
Elegante, cosmopolita, e teatral,
tras moitos anos de “vivir a vida”
cun amplo sorriso Osborne é capaz tanto de enfundarse nun luxoso traxe de cor claro
como achegarse ás culturas máis remotas espido ou cunha simple camiseta.
Práctico e directo, mostranos comportamentos de persoas que viaxan crendo ter
unha experiencia única, de non responder o prototipo de turista en terra
estraña. É xente supostamente libre, carente de prexuízos, nun mundo cada vez
máis homoxéneo; cumpridores de ritos exóticos, como a inxesta de insectos,
inmersos no vórtice obseesivo e neurótica que supón a procura do pracer e
calquera anaco de felicidade do mundo occidental en torno ao traballo sexual ou
á constatación permanente do poder do diñeiro.
Osborne
describe a artificial metrópole de Oriente Próximo que é Dubái (un dos destinos
máis contaminados da Terra, transformada polos xeques nun inmenso parque
temático), a Calcuta postcolonial, as esquecidas e semiderrubadas Illas
Andamán, ata recalar na enorme cidade da saúde e do fitness que é a “Hedanóplis
tailandesa” de Bangkok, onde o turista ávido de experiencias estravagantes,
encontros sexuais ou a posibilidade luxosa de completar unha rápida viaxe de
turismo médico pode, por un módico prezo, facerse unha liposucción, un retoque nasal,
un implante molar ou un cambio de sexo parcial ou completo antes de volver a
casa a súa monótona existencia.
 |
Palm Jumeirah. Illa artificial en Dubai.
|
Reflexo
da cultura frívola dominante, o libro arrinca cunha diatriba contra a industria
do turismo moderno e a síndrome vacacional como resposta á tensión física ou
emocional contínua onde nada importa se somos capaces de abandonar por unhas
horas ou días nosa aburrida vida para gozar, como potentados sen remorsos, do
custo económico, ecolóxico ou ético que supoñen as viaxes exprés.
Baleira de aventura, monotorizada a
experiencia nun mundo global, o menos importante é a procura da esencia ou da
diversidade étnica e cultural, da sorpresa e o encontro da persoa consigo mesma
ou con outras persoas. Sen intención de afondar no que facemos, sen pensalo,
tratamos de alcanzar a felicidade pero quizais ao que realmente chegamos é a
raiar a estupidez e a vacuidade.
Como
quixotes trotamundos á aventura, provistos das orientacións lidas nas guías
turísticas máis actuais fuxímos cunha
sensación satisfactoria ata encher o pasaporte e as maletas de selos e
adhesivos que nos semellen ao consumado Willy Fog. Desposuídos das nosas
propias Itacas e incapaces de saír da perigosa roda na que nos instalamos,
estamos tan afeitos ás infraestruturas masificadas e ás comodidades, que en
canto saímos deste sistema experimentamos de inmediato unha forte sensación de
paranoia.

Osborne
ponse como obxectivo localizar o lugar máis inaccesible da terra, alí onde os
turoperadores non teñen oficinas de atención ao cliente, e chegar a el á vella
usanza, é dicir, dándose tempo. O destino elexido é unha inmensa illa entre
ceos verdes, ríos arroibados e volcáns en erupción onde Osborne atoparase
espido e feliz: Papúa Nova Guinea.
Un
dos grandes momentos da historia da humanidade probablemente foi a
sedentarización - un punto de inflexión na evolución da cultura e sociedade
humana- con todo, o termo “sedentario” é hoxe sinónimo de enfermidade, de
anquilosamiento e atrofia. Algo que produce medo e angustia ao home
contemporáneo e que, polo tanto, debe evitar física e mentalmente.
 |
Alexander von Humboldt.
|
Desde a antigüidade,
a procura de territorios polo incremento da poboación ou por necesidades
económicas, permitiron ou propiciaron guerras, viaxes e a adquisición de
coñecementos sobre novas terras e xentes doutros lugares. Alén das fronteiras, figuras
como Alexandro Magno, Heródoto, Adriano, Marco Polo, Zheng Hei, Cristobal
Colón, Cook, Alí Bey, Malaspina, Humboldt, Hasekura Tsunenaga, Scott, Amundsen,
etc; procuraron unha maior apertura de miras e tentaron dar resposta á
curiosidade infantil que toda persoa leva dentro.
A finais do
século XVIII e principios do XIX, o “Grand Tour” iniciático xuvenil, homes,
aristócratas e ricos, era un rito previo á idade adulta, ao matrimonio, ou á
consecución dun cargo público. Impulsada polo pensamento empirista que
propugnaba que a orixe do coñecemento era a experiencia, contemplábase como
unha viaxe pedagóxica e formativa meticulosamente planificada. Foi Richard
Lassels quen acuñou o termo “Grand Tour” para referirse a esta peregrinaxe
intelectual que pouco tiña que ver, en principio, cunha viaxe pracenteira aínda
que os iniciados debían participar da axitada vida social das grandes capitais
culturais facendose necesaria a presenza dun titor que velase e controlase as
súas actividades e inevitables diversións.
Estas viaxes
afectaron á arte en todas as súas facetas, ao gusto, ás formas sociais e, por
suposto, á economía. A miúdo cristalizaban en obras literarias, como as de
Sterne, Mary e Percy Shelley, Byron ou o mesmo Goethe, ou a grandes músicos
como a familia Mozart que iniciou a súa particular xira para gañar diñeiro.
A Revolución
industrial e o nacemento da burguesía propiciaron o desexo de emular á
aristocracia. As viaxes do XIX foron perdendo a finalidade formativa e a viaxe
ilustrada deixou paso ao viaxeiro romántico, ao divertimento como obxectivo e,
finalmente, á chegada do turismo moderno.
 |
Peirao de Venecia perto de San Marcos. Canaletto.
|
Por primeira vez as mulleres tiñan acceso a
estas experiencias aínda que de forma minoritaria. A
miúdo esquecidas, moitas foron as que rompendo moldes sociais emprenderon as
súas propias aventuras. Os nomes agochados de Exeria, a peregrina intrépida do
século IV, Mary Wortley Montagu, May French Sheldon, a xornalista Nellie Bly, Amelia
Earhart,a arqueóloga Mary Leakey ou a astronauta Eileen Collins, foron quen de
loitar contra a máxima de que “unha muller non debe viaxar soa”.
Favorecido polos avances na comunicación
terrestre, marítima e aérea, os custos das viaxes reducíronse e fixéronse máis seguros acortandose tempos e
espazos. Non faltaba moito para as viaxes masivas do século XX e o turismo de
computador vixente no século XXI. Un turismo de comunicación en liña onde as
webs corporativas rastrexan aos seus potenciais consumidores competindo pola
actualización constante e o incremento na accesibilidade en multitude de
formatos (móbiles, Ipods, Psp, etc.) coa intención de captar facilmente a
atención da persoa consumidora en tempo real. Unha industria onde as novas
tecnoloxías, internet das cousas e o big data, son capaces de anticipar e
personalizar as experiencias, onde traballan incansables os filtros burbulla
dos que fala Eli Pariser.
Con
todo, de xeito insaciable, o turismo virtual posibilitounos a visión do mundo
detallado en 360º pero xa non era suficiente. O mundo empequenecido no que o
Everest atáscase cuha morea de pseudoescaladores (todos podemos e queremos
escalar), as cidades, como Cancún, nacen pensadas como destinos turísticos
mundiais e prantexámonos xa a posibilidade de viaxar ao espazo exterior, nun
turismo interespacial que máis que futuro semella unha cercana realidade.
No titulo do
libro, Osborne utiliza o termo “turista” a diferenza da “persoa viaxiera”.
Ambos os termos non teñen por que identificarse ou parecerse pois interactuar
e integrarse require de tempo para
sentir e o turista carece del en orixe.
A
voráxine consumista resultaba imparable ata que o COVID -19 paralizou toda a
engranaxe económica e mental que o sustentaba. Cunhas cifras demoledoras, miles
de empresas e millóns de empregos colapsados ou perdidos, as fronteiras rexurdindo,
as incertezas e interrogantes sustituíron no aire aos avións. Cara a onde ir?, que camiño tomar? Cómo
viaxar a partir de agora? Como interactuar e actuar?.
Quizais
aínda hoxe non nos demos conta da situación ou non queramos facelo para
continuar proxectando un soño de normalidade perdida. Tony Weeler, cofundador
de Lonely Planet, di confiar en que o turismo volverá menos masificado e máis
sustentable. Agardamos que así sexa pero, ata que punto non segue falando das
viaxes como negocio?.
O certo é que hai alternativas. Talvez debamos
ser máis eco-visionarios otorgandolle máis importancia ao equilibrio entre a
actividade humana, o turismo e a salvagarda da natureza, as paisaxes, os
costumes ou as tradicións. Posiblemente os humanos debamos ser mais humildes, cambiar
a nosa forma de pensar e actuar na procura dunha nova realidade.
En Utopía: historia dunha idea, Gregory Claeys móstranos como o home
ten perseguido moitas e variadas utopías. Desde a prehistoria tivo unha
necesidade de viaxar, de conectar co pasado ou co futuro para darlle sentido ao
seu presente. As viaxes xeográficas e interiores resultaban vitais e as
pinturas de Altamira ou os psicotrópicos dos anos hippies respostan a esa busca
constructiva que non debemos perder.
Vargas Llosa
narra en “O paraíso na outra esquina” os avatares de Paul Gauguin e a vida da
súa bisavoa a escritora feminista Flora Tristan. Cando este atravesou os mares
ata chegar a Taítí fíxoo na procura do primitivismo e fuxindo da sociedade
europea colonial. Outro Paul, Cezanne, decide nesas datas percorrer o seu
propio camiño interior sen necesidade de moverse da súa Francia natal (tampouco
Proust precisou saír da súa habitación para viaxar e a imaxinación de H.G.Wells
permitiulle transitar no tempo mediante viaxes científicas co que engaiolar aos
seus lectores e lectoras). A arte e a literatura son froito en si mesmas de autenticos
viaxes. Alicia e país das
marabillas, As mil e unha noites,
a sátira de Gulliver e a psiquiatríca epopeia de Robinson Crusoe son só algúns
exemplos.
Para Osborne o
problema do viaxeiro actual é que xa non lle quedan destinos. O mundo é unha
xigantesca instalación simulada onde atopar “algo exótico” e recuperar a
sensación infantil das aventuras resulta xa imposible. É certo que
existe crítica ao consumismo e interese antropolóxico en Osborne pero no fondo
o libro tamén reflicte outra realidade, algo que persoalmente non me gusta, e é
que escribe de homes para homes. Lembro neste intre a obra de Foster Walace centrada
na denuncia do consumismo e o malgasto pre-Covid, promovendo incluso as
gargalladas do esperpento mentras destíla misoxinia.
Se o voso interese vos leva cara á visión
antropolóxica como viaxe a outras culturas, recoméndomosvos encarecidamente a
lectura de O antropólogo inocente e Non é un deporte de risco de Niguel
Barley.
Deseño: Soulbande / MVG
Instalación: Por motivos Covid 19, non haberá instalación.
Organización: Biblioteca de Torrecedeira.