![]() |
Susana Sánchez Arins. Vilagarcía de Arousa.1974. |
FEBREIRO-MARZO DE DOUS MIL VINTE.
Biografía
Susana Sánchez Arins naceu en 1974 en Vilagarcía de Arousa, pero creceu
en Foxo, terra dentro. Estudou na escola pública e Filoloxías Hispánica e
Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo o DEA de
Literatura Comparada exercendo a docencia no Ensino Secundario Obrigatorio.
No 2008 gañou o XXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé
coa obra [de] construçom (Espiral Maior, 2009). Logo apreceron os poemarios
Aquilatadas (Estaleiro Editora) en 2012 e A noiva e o navío (Através
Editora). No ano 2015 publicou Seique (Através Editora) e en 2018 a plaquette
poética Carne dá miña carne (Editora Apiario) e o libro de relatos Tu contas e
eu conto (Através Editora).
Forma parte da plataforma de crítica
feminista A Sega e preside a organización
non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento. Colaboradora do xornal dixital Praza
Pública entre as súas obras colectivas pódense
destacar Letras
nómades. A mobilidade feminina na literatura galega (2014, Frank
& Timme), 150 Cantares para Rosalía de Castro,(2015.Llibro electrónico),
De
Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de
Rosalía de Castro
no século XX (2015, Fundación Rosalía e Castro/ Radio Galega), 1975- 2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións), Verbo na arria. Homenaxe
literaria a Xohan Xesus
González,(2016, Fervenza), Abadessa, oí dizer.
Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017, Através) e Pico Sacro. Ferido
polo lóstrego e
a lenda (2017, Alvarellos).
![]() |
Portada 1ª ed. |
Por Tina Parcero Pereira
“Se foi assim de mau com o pai, como seria
com os de fora.”
Esta é a frase que a avoa de Sánchez Aríns
re- petía unha e outra vez, coma unha ladaíña, cada vez que alguén
amentaba o tío Manuel. Sempre, desde que a autora ten memoria. E este foi o nobelo que gardaba esta Ariadna do Salnés, unha velliña que non o quería
desenrolar, pero que llo deixou aos seus por se alguén era quen de facelo.
![]() |
Ribadumia. Comarca do Salnés. Pontevedra. |
Porque, como sucede con todos
os traumas, se non lles dá o aire, se os deixamos enterrados no
fondo das mentes, podrecen e contaminan xeracións enteiras. E Sánchez Aríns
quería deixarlles ás xeracións seguintes, ás dos nosos
fillos e fillas, respostas ás súas preguntas, non silencios. Un aire máis limpo.
Ao coller o nobelo nas súas mans e tirar do fío, a autora comezou a poñer atención a moitas máis cousas, xa non só á frase misteriosa da avoa. Cousas que sempre oíra, sen atender conscientemente. Memorias, si, pero tamén desmemorias, e ata recordos modificados, non só polo tempo pasado, senón tamén polas emocións que os acompañaban e os deformaban. Tamén os seus propios recordos, como descubriu con arrepío. As voces irían sumándose ata convertérense nun coro grego, un coro que berraba cada vez máis forte, cheo de tantos “disques”. E de tantos “seicas”.

Deseño: Soulbande / MVG Instalación:
AAFR
Organización:
Biblioteca de Torrecedeira.