![]() |
Yolanda Arencibia. |
Galdós. Una biografía.
Tusquets Editores, 2020.
Biografía.
A súa actividade investigadora céntrase en Literatura
española dos século XVIII e XIX con especial atención á obra e os contextos do
creador canario Benito Pérez Galdós e as cuestións de ecdótica e crítica
textuais. Dirixiu proxectos de investigación, subvencionados por distintas
entidades oficiais, como a preparación da edición crítica de Nazarín de Pérez Galdós (1992); a
coordinación e dirección de Galdós: do
texto á realidade construída (1993) cun equipo internacional de investigadores;
ou a preparación da edición informática do epistolario de Pérez Galdós (desde
1999 ata a actualidade).
Entre os seus libros destacan: A lingua de Galdós. Estudo de variantes en galeradas; Fortunata e
Jacinta: claves de lectura; as edicións críticas de Zumalacárregui, A Fontana de
Ouro e Nazarín e Halma de Galdós e de Crónicas
de Alonso Quesada. De entre os seus artigos e comunicacións a congresos
poden destacarse, na liña de investigación galdosiana: "Vontade de estilo
en Galdós", "A caracterización do personaxe en dúas novelas
galdosianas do cambio do século: O avó e Casandra" ou " Galdós e
Saramago: dúas visións de Fin de Século"; en literatura do século XVIII:
"A Vida do noticioso Jorge Sargo no diálogo da novela picaresca",
"A visión política no Correo de Canarias (1762)" ou "Clavijo e
Fajardo, personaxe literario".
Impartiu cursos e conferencias, como profesora convidada, nas
universidades europeas de Kiel Aquisgran, Ámsterdam, Sheffield e españolas de
Almería, Zaragoza, Madrid, Málaga, Alacante, Santiago de Compostela, Salamanca,
Santander, Soria, Vigo e A Lagoa así como
impartiu unha materia cuadrimestral na Universidade de París VIII, un
curso de doutoramento na de Santiago de Compostela e participou en dúas
reunións científicas na universidade de Sheffield.
Foi organizadora dos V, VI e VII
Congresos Internacionais Galdosianos, directora dos Cursos de Humanidades da
Universidade Internacional de Canarias Pérez Galdós e é directora da Cátedra
Pérez Galdós desde 1995, en cuxo marco organizou máis dunha decena de cursos de
especialización.
Membro do Consello de dirección de Anais Galdosianos con sede
no Department of Spanish& Italian, Queen´ s University, de Ontario, Canadá
é Vicepresidenta da Asociación Internacional de Galdosistas.
Por
Estrella Omil Ignacio.
Bibliotecaria na Facultade de Ciencias
Experimentais da Universidade de Vigo;
coordina e é secretaria de redacción da revista dixital: Philostrato. Revista de Historia y Arte.
Se unha biografía é a historia da vida dunha
persoa (Dicionario da R.A.E), este libro non é unha biografía. Podemos
considerar esta obra, xusta merecedora do Premio Comillas de Historia,
Biografía e Memorias 2020, como o traballo dunha vida por parte da súa autora
Yolanda Arencibia. É un libro elaborado por unha persoa que le, coñece, goza e
ama a Galdós, redactado de tal forma que, a pesar da súa magnitude, lese como
unha novela. O gran coñecemento do Galdós persoa/autor está apoiado nunha
exhaustiva consulta e utilización por parte da autora de todos os fondos
documentais ao seu alcance: cartas e notas, documentación oficial, prensa e fotografías
como se pode percibir no abundante apéndice e a bibliografía de case cen
páxinas do libro.
![]() |
Don Sebastián Pérez Macías (1784-1871) e María de los Dolores Galdós y Medina (1800-1887). Pais de “Benitín”o seu décimo fillo. |
A súa etapa de mocidade e formación aparecen plasmadas nos seguintes capítulos, onde podemos ver a un mozo inquieto, que estudaba dereito, frecuentaba cafés e faladoiros políticos. A autora realiza un fresco da vida política, cultural e social do Madrid finisecular. É digno de encomio o labor de baleirado da prensa da época que realiza a autora. Neste contexto atopámonos a Galdós colaborando nesta prensa, ás veces por amizade, outras por rendementos económicos (hai épocas nas que colabora con tres e catro publicacións á vez).
![]() |
Galdós con 19 anos. Casa-Museo B.P.Galdós. |
![]() |
Galdós presidindo con José María Esquerdo a manifestación anticlerical en Madrid (1910). Entre outros aparece Pablo Iglesias. |
![]() | |
|
Galdós. Unha biografía, non o é tanto ou máis ben non é unha biografía ao uso, é tamén unha análise de toda a obra literaria de Galdós. A autora realiza unha análise pormenorizada do contido, personaxes, estilo e contexto de todas as creacións literarias do autor canario, recollendo as reaccións da época. As referencias a amigos (Pereda, Clarín, Valera, Pardo Bazán…) á prensa do momento, á opinión dos seus seguidores, así como do propio Galdós sobre a súa obra, móstrannos a un escritor que nada máis entregar unha creación á imprenta, xa estaba a empezar a seguinte porque tiña algún personaxe, algunha historia ou algunha débeda que pagar.
![]() |
Lorenza Cobián, nai da filla de Galdós. |
A
estrutura que utiliza a autora nesta obra biográfica, facilita a lectura do
libro xa que ao comezo de cada capítulo establécense os subtítulos ou epígrafes
de que van tratar os capítulos, o que simplifica a procura de información ou a
relectura. Con todo, é unha pena, ao meu entender, que cada vez que necesitas ver
unha nota teñas que ir ao apéndice do final do libro, algo que sen dúbida é
máis cómodo para o impresor, pero non tanto para o lector, xa que isto retarda
a lectura.