Calibán y la bruja:
mujeres,
cuerpo y acumulación originaria.
Traficantes de sueños,
2010.
[Caliban and the Witch: Women,
the Body and Primitive.
Accumulation, 2004]
Biografía.
Profesora emérita da Hofstra University (Long Island, Nova
York), comezou o seu activismo político feminista nos grupos feministas
autónomos nos anos setenta. A campaña Internacional de “Salarios
polas tarefas domésticas” (Wage for the Home Labor) xurdiu
do Colectivo Feminista Internacional en Italia en 1972 con
personalidades comoMariarosa Dalla Costa, Selma
James,Maria MiesVandana Shiva. Nos anos oitenta foi cofundadora dunha organización dedicada a apoiar as loitas de estudantes e
de profesorado en África contra os axustes estruturais das economías de África
e os sistemas educativos (Committee for
Academic Freedom in Africa). Pertence tamén á asociaciónMidnight Notes Collective.
Mantívose na liña do
activismo político ata os nosos días.Wal Street, un movemento a prol das
persoas refuxiadas e en contra de Trump, lanzou unha campaña para apoiar a
memoria das mulleres asasinadas en bruxaría en outubro de 2017 ao meter presión
por unha reescritura feminista da memoria de bruxas.
Nos seus traballos ilústranos sobre otraballo reprodutivoe os
coidados que fan de balde as mulleres como base sustentadora docapitalismo. Entre as
súas obras máis coñecidas están Caliban
and the Witch: Women, the Body and Primitive Accumulation (2004), Revolution at Point Zero: Housework, Reproduction, and Feminist
Struggle (2012) ou El patriarcado del salario. Críticas
feministas al Marxismo (2018).
* A autora da recensión elaborou un blogue dedicado
a Silvia Federici e ao tratamento da muller e a bruxería.
Con Calibán e
a bruxa, Silvia Federici fixo moito máis ca un libro. Estamos ante un texto
academicamente impecable, isto é indubidable para toda persoa que saiba
recoñecer, e por suposto, valorar o uso do método científico no ámbito
humanístico. Cómpre comezar por aquí, xa que é precisamente na academia onde se
sospeita de investigacións, que polo seu radicalismo (o feminismo sempre o é),
pola súa novidade ou polas súas propostas novas, son susceptibles de prexuízos
ou de excesivo receo na súa recepción., isto non parece ocorrer nos estudos de
ámbitos científicos convencionalmente coñecidos como ciencias “duras”. Nestes
casos ocorre á inversa: tende a valorarse moito máis o novo e o que sorprende
por inaudito, é dicir todo o que se pode etiquetar como un “novo
descubrimiento”. Pois ben, Calibán e a bruxa vén ser este texto excepcional ao
que podemos aplicar o rótulo de revolucionario de “descubrimento”.
Se tivese que
ofrecer unha soa razón para recomendar a súa lectura sería a de que por vez primeira, se fai unha lectura dun
fenómeno histórico tan (mal) coñecido como a caza de bruxas en clave de
xenocidio, ou de feminicidio, para ser máis exactos.
![]() |
Gustav Henningsen |
Pero volvamos
á idea principal. Falabamos de xenocidio. Federici fala, desde o inicio do
texto, dunha deliberada estratexia de eliminación da forza reprodutiva como
elemento estrutural do fenómeno de acumulación primitiva que orixinou o
capitalismo. Noutras palabras, a autora logra que vexamos o fenómeno da caza de
bruxas, desde unha óptica totalmente diferente á que impera aínda de forma
unánime nos nosos días. A persecución das bruxas, as delacións masivas de
mulleres sospeitosas de tratos co diaño e de asasinatos de criaturas e de malas
colleitas, e a súa posterior execución na fogueira como castigo exemplar para
coadxuvar ná política de terror (A doutrina do shock, que tan ben estudou Naomi
Klein, tería aquí un dos seus puntos fortes) foron un elemento fundamental,
imprescindible para o arranque do novo modo de produción capitalista.
Calibán e a
bruxa, como crítica feminista do marxismo, constitúe unha demostración da
vixencia da dialéctica marxista da loita de clases na análise histórica da
evolución económica. Non se trata, como algúns críticos pretenden, dunha
deficiente interpretación de Marx. A desconfianza que poida suscitar o texto de
Federici será, sen dúbida, pola súa contundencia e claridade, non por un
deficiente uso da metodoloxía na súa análise. Calibán e a bruxa, neste sentido,
é un tratado económico, no que o fenómeno da caza de bruxas é un factor máis
dun modo de produción. Neste sentido,
Federici apunta a que o exterminio de mulleres que se produciu en Europa nos séculos XVI e XVII, foi unha operación de
expropiación máis dentro do contexto de cercamento de terras necesario no
momento de transición ao capitalismo.
A expulsión dos campesiños das súas
terras, para dirixilos a unha economía do salario só foi posible coa supresión
dos terreos comunais que facía posible a vida das clases máis desfavorecidas. A
rebelión do campesiñado manifestouse de moitas maneiras, e desde logo a
proliferación de modos alternativos de vida, enseguida criminalizadas como
herexías e seitas que había que exterminar, son sobradamente coñecidas. As
mulleres neste contexto representaban un inimigo a combater tamén, posto que
detentaban o control da reprodución da forza de traballo. Desde o ámbito da
relixión e da política traballouse conxuntamente para apontoar o tránsito a un
modo de produción no que non representaba ningunha vantaxe a existencia de
mulleres con coñecemento e con capacidade para intervir na natalidade e, por
tanto, na forza de traballo. Non esquezamos que a gran maioría das perseguidas
por bruxaría eran acusadas de matar criaturas, e as comadroas eran
particularmente as máis perseguidas. Como ocorre en tantas outras ocasións, o
relato sobre a caza de bruxas que nos chegou está infestado de inexactitudes
debido en gran parte ao exterminio das voces das vítimas. Os arquivos presentan
enormes lagoas e os estudos que se realizaron ata hoxe, na súa maioría, non
están baseados en datos rigorosamente analizados senón nunha transmisión
interesada sempre remisa a incluír calquera perspectiva de xénero na cuestión.
Pero afortunadamente, Calibán e a bruxa chegou nun momento en que xa temos
reflexións e investigacións sobre a violencia institucional como a de Foucault,
e desde logo xa contamos tamén con investigacións rigorosas que desde numerosos
ámbitos de coñecemento ampliaron o horizonte interpretativo dos datos.(1)
Desconfiar de textos como Calibán e a
bruxa pola súa declarada intención de reivindicar o papel das mulleres como
elemento determinante na conformación do capitalismo sería como desconfiar do
Capital por ter unha visión sesgada debido ao interese de Marx en rescatar a
importancia da clase traballadora.
Que xa
poidamos representar o fenómeno da caza de bruxas como un auténtico xenocidio
non o fai menos grave, pero quizais nos permita observar o pasado e o contexto
actual desde unha perspectiva nova. Unha perspectiva na que o fanatismo se
descobre como o auténtico perigo e o camiño máis próximo e chairo para a
produción de morte e da violencia.
Cando
lle encargaron a Elie Wiesel que elaborase un discurso conmemorativo dos xuízos
das bruxas de Salem, unha vez máis na súa vida, o sobrevivente do holocausto
tivo que reflexionar sobre a orixe, as causas desta maldade extrema. A súa
conclusión era claramente estremecedora. O fanatismo é o mal, porque é demasiado
fácil ser fanático, é demasiado fácil crer a un neno que di ver o diaño ou unha
bruxa, é demasiado fácil crer a un xuíz que di actuar no nome do ben e da
xustiza. O fanatismo, desde o seu punto de vista sería o auténtico demo.
Peter Hayes, no seu recente libro sobre o
holocausto, advírtenos de que mostrarnos incapaces de concibir un horror de tal
magnitude como o holocausto –válido para o fenómeno da caza de bruxas, se somos
capaces de concibilo como tal- é unha actitude coa que tentamos facer fincapé
na propia inocencia, coma se nos quixésemos desmarcar del. Pero isto non é
posible, senón todo o contrario, estas actitudes bloquéannos e incapacítannos
para extraer consecuencias útiles, polo que para comprender intelectualmente
este xenocidio debemos enfrontarnos á información de maneira valente e
rigorosa. Esta é precisamente a sensación que teño despois de ler a Federici:
creo que entendo mellor tanta morte e tanta violencia porque a autora manexou a
inxente bibliografía sobre o tema desde unha óptica nova na que se analiza o
contexto cultural de Occidente dunha maneira global; ademáis incorporou
factores relixiosos e sociais, pero tamén e sobre todo de natureza económica,
porque é precisamente o modelo de distribución da riqueza o que determina en ocasións
o regulamento moral das comunidades.
No caso da
caza de bruxas, o primeiro que debemos de facer é devolverlle a dignidade a
tanta vítima inocente desposuíndo o tema do elemento folclórico e festivo que
aínda o deforma, banaliza e esconde para a súa correcta interpretación.
A lectura de
Calibán e a bruxa antóllasenos como un acto de reparación e de xustiza.
(1) A modo de exemplo tivemos ocasión de consultar
no Arquivo do Reino de Galicia algúns documentos de interese.
Expediente (777/71) A.R.G
Real Audiencia de Galicia.
María Álvarez, mujer de Gaspar Fernández. Doña María de Toledo,
condesa de Ribadavia, y Juan de Barreda Valcarcel, su alcalde mayor, sobre
destierro. 1587
María Álvarez,
mujer de Gaspar Fernández, fue acusada de poner en los ciernos de una cabra un
paño con agujeros, en el corral de Alonso de Afrexo. En el proceso se dice que
la causa de esta acción era para que, cuando la cabra subiera al monte, dejara
los llantos allí de los niños y se quedaran callados.
El proceso fue
visto en la audiencia de la condesa de Ribadabia, en Valdeorras, por su alcalde
mayor y la detenida, tras el testimonio de los testigos, fue condenada a la
pérdida de la mitad de sus bienes y un año de destierro.
Ella alega la
enemistad existente entre el denunciante, y dueño de las cabras, Alonso de
Afrexo y su marido, así como que los otros testigos eran la mujer del
denunciante y sus criadas.
Causa 24667/29. ARG. Real Audiencia de Galicia.
Catalina Carneira, viuda, María Rega,
Inés do Gando con el juez de Pazos de Arenteiro e Juan García, promotor fiscal,
sobre delitos de brujas y hechiceras. 1639.
Deseño: Soulbande / MVG
Instalación: AAFR
Organización: Biblioteca de Torrecedeira.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMe encanta, todos deberían apoyar a sus compañeras, amigas e hijas para que esto no pase una vez más, sobre todo en el ámbito económico y de poder, siempre en un segundo puesto. Un saludo y ánimos con el proyecto.
ResponderEliminar